A saúde mental da mocidade, un compromiso coa xente nova. Un compromiso co futuro.
Este outubro regresa o Ciclo Saúde Mental Mocidade de Gondomar, que celebra a súa quinta edición consecutiva como espazo de reflexión, aprendizaxe e sensibilización arredor do benestar emocional da mocidade.
Comezamos falando de AUTOCOIDADO
📅 2 de outubro
🕢 19:30 h
📍 Casa da Cultura de Gondomar – Salón de Plenos | 3º andar
Nesta primeira sesión, Duna Corredoira, terapeuta holística, ofrecerá a conferencia: “Autocoidado: o noso superpoder”
Porque o autocoidado vai moito máis alá do descanso ou do lecer. Tamén significa falarnos con respecto e agarimo, establecer límites saudables, tomar decisións que favorezan o noso equilibrio emocional e escoller conscientemente como e con quen compartimos o noso tempo.
Pequenas decisións conscientes e sostidas no tempo poden ter un impacto positivo no noso benestar físico, emocional e social.
É necesaria a inscrición previa.
📞 986 369 746
📧 omix@concellodegondomar.gal




