O Concello de Gondomar quere achegar o SURF á mocidade, facendo que esta disciplina deportiva sexa accesible para eles. O Surf goza dunha gran aceptación por parte da mocidade e ofrece múltiples beneficios tanto físicos como psicolóxicos. Pero tamén levará os mozos e mozas a coñecer nova xente, a gozar dun deporte en plena natureza, a descubrir os seus límites e capacidades….. en definitiva a vivir unha gran experiencia este verán.

Ofertamos dous cursos dunha semana cada un deles. Do 1-5 de xullo, e  vai dirixida a dezaseis participantes de entre 15 e 17 anos. E un segundo grupo do 15 ao 19 de xullo para mocidade de entre 12 e 14 anos. En horario de mañá de 10h ( saída do punto de encontro) ata as 13h (chegada ao punto de encontro).

O curso é  gratuito, con transporte incluído á escola de surf e de volta ao concello. De todas as solicitudes recibidas e que cumpran os requisitos de idade establecidos, terá preferencia á mocidade do concello de Gondomar. Para participar debes descargar os anexos ( páxina web do concello de Gondomar ou solicitalos na Oficina da OMIX do Concello de Gondomar).

 

O prazo de presentación é do 27 de maio ao 7 de xuño. As persoas intersesadas deberán presentar a documentación no rexistro xeral do Concello de Gondomar ou a través da sede electrónica do concello.

Máis información no teléfono 986.369.746 (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

Anexo III recollida Solicitude Anexo I

Anexo II Protección datos

 

DESCARGA DE DOCUMENTOS

SOLICITUDE

ANEXO II – Protección de datos

ANEXO III

 

 

 

Novas

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

FESTA PRE FIN DE ANO EN GONDOMAR

O Concello anima a toda a veciñanza a participar na Festa Pre-Fin de Ano, nun ambiente festivo pensado para todas as idades, que terá lugar

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

Leer más »