O Conservatorio Municipal de Música de Gondomar pasará a levar oficialmente o nome de Conchita Quintas, en recoñecemento á súa traxectoria e á súa importante contribución á educación musical do municipio.

Conchita Quintas foi a primeira directora do centro, que iniciou a súa actividade en 1983, e dedicou máis de tres décadas á formación musical de centos de alumnos e alumnas, deixando unha fonda pegada na cultura de Gondomar e do Val Miñor.

 

Para facer efectivo este recoñecemento, o Concello celebrará un acto de homenaxe o mércores 25 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal.

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis