A presidenta da Asociación Autimo Vigo, Esperanza Domínguez, xunto ao persoal do centro que dirixe en Gondomar, concretamente a Residencia O Salgueiro (Vincios), recibiron este martes ao director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, ao que acompañaron nesta visita institucional o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a edila de Benestar Social, Nuria Lameiro. 

Todos eles puideron coñecer de primeira man as instalacións construídas e as reformas feitas pola asociación no centro cedido polo concello de Gondomar, achegándose ás actividades de terapia e atención que se ofrecen ás familias nas que algún dos seus membros ten un Transtorno de Espectro Autista (TEA). 

Traballo que encomiou o director xeral, así como o rexedor Paco Ferreira. Ambos atenderon as demandas expostas pola presidenta Esperanza Domínguez respecto a os recursos tanto materiais como económicos que son precisos para poder seguir apoiando de forma adecuada aos socios e socias da Asociación, subliñando a importancia de poñer ao dispor de todos eles recursos residenciais que lles permitan adquirir a autonomía persoal en condicións adecuadas.

Paco Ferreira avogou unha vez máis pola importancia de manter a colaboración e implicación das administracións con Autismo Vigo, así como con outras asociacións sociais que cumpren “unha actividade esencial para centos de persoas”. Felicitou a implicación de todo o equipo de Autismo Vigo e o seu esforzo diario “para sacar adiante o seu traballo de apoio non só aos usuarios e usuarias, se non ás familias que se implican na loita por lograr apoios para os seus fillos e fillas, demandando máis investigación e medios sanitarios e sociais para garantir a súa integración na sociedade.” 

“En todo o que podamos, estaremos aí como administración local, esa é o noso labor e non debemos esquecelo”, concluíu o rexedor de Gondomar.

Novas

PROGRAMACIÓN AUDITORIO LOIS TOBÍO

O Concello de Gondomar continúa apostando firmemente pola cultura e presenta a programación dos vindeiros meses no Auditorio Lois Tobío. Veciñanza e visitantes poderán gozar

ENTERRO DA SARDIÑA

O Concello de Gondomar convida á veciñanza a participar este mércores 18 de febreiro na celebración do tradicional Enterro da Sardiña, cita que servirá como

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cultura

PROGRAMACIÓN AUDITORIO LOIS TOBÍO

O Concello de Gondomar continúa apostando firmemente pola cultura e presenta a programación dos vindeiros meses no Auditorio Lois Tobío. Veciñanza e visitantes poderán gozar

Leer más »
Cultura

ENTERRO DA SARDIÑA

O Concello de Gondomar convida á veciñanza a participar este mércores 18 de febreiro na celebración do tradicional Enterro da Sardiña, cita que servirá como

Leer más »
Cultura

MARTES DE ENTROIDO

O Concello de Gondomar organiza unha tarde especial para os máis pequenos da familia cun programa cheo de diversión. Haberá obradoiro de tatuaxes, animación e

Leer más »