O Concello de Gondomar, a través do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra, realizou un conxunto de actuacións orientadas á mellora de espazos públicos e servizos municipais, cun investimento total de 53.993,76 euros (IVE incluído). Estas actuacións permitiron modernizar instalacións, reforzar o equipamento municipal e ofrecer á veciñanza espazos máis cómodos, funcionais e accesibles.

 

No Salón de Plenos acometeuse unha renovación integral, mellorando o confort acústico e a imaxe institucional deste espazo destinado ás sesións e actos oficiais do Concello.

A Biblioteca Municipal e a Oficina de Turismo foron dotadas con novo mobiliario e equipamento funcional, que melloran tanto as condicións de traballo do persoal como a atención ao público e ás persoas visitantes.

Tamén se adquiriu novo mobiliario móbil destinado ao desenvolvemento de eventos e actividades culturais organizadas polo Concello en diferentes espazos municipais.

Co obxectivo de reforzar a seguridade e a organización dos actos públicos, incorporáronse valos metálicos e estruturas para o seu almacenamento, que facilitarán o control e protección nos eventos de carácter cultural, deportivo ou social.

Así mesmo, instaláronse novas marquesiñas en puntos de parada do transporte público, mellorando a comodidade e protección das persoas usuarias fronte ás condicións meteorolóxicas.

 

Estas actuacións forman parte da aposta do Concello de Gondomar por seguir modernizando as infraestruturas municipais e ofrecer servizos públicos de maior calidade á cidadanía.

Financiado polo Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra

 

Novas

Axenda

No event found!