O Concello de Gondomar volve apostar pola celebración do Samaín, unha das festas máis tradicionais e agardadas do outono, cunha programación chea de actividades pensadas para todos os públicos.

O Concello reforza a súa colaboración coas viviendas da urbanización O Miñor e o comercio local, animando á veciñanza e comerciantes a decorar con motivos terroríficos. Como incentivo, repartiranse caramelos entre as vivendas e comercios participantes, fomentando así o espírito comunitario e festivo que caracteriza esta cita tan especial.

Programa de actividades para o venres 31 de outubro

  • 17:00 h – Contacontos especial de Samaín, na praza Paradela. En caso de choiva, a actividade trasladarase á Biblioteca Municipal.
  • 19:30 h – Apertura do Túnel do Terror, no antigo matadoiro municipal, transformado para a ocasión nun auténtico escenario do medo grazas ao traballo das asociacións “Comparsa O Millor de Cada Casa”,  de Vincios e “ Asociación Carnavales de Mañufe”.
  • 00:00 h – Sesión musical con DJ na praza Paradela, que poñerá o broche final a unha noite chea de sustos, diversión e ambiente festivo. En caso de choiva, cancélase.

Durante toda a xornada, as rúas e prazas de Gondomar encheranse de decoracións, luces e elementos temáticos, creando unha atmosfera máxica e terrorificamente divertida que envolverá o centro da vila no espírito do Samaín.

 

Novas

Campaña de Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar animamos ao pequeno comercio a decorar os seus establecementos con motivo da celebración do Samaín. Ademais,

Axenda

No event found!
Load More