O Concello de Gondomar continúa avanzando na súa aposta por un modelo de municipio máis verde, limpo e sostible. Cun investimento superior aos 61.000 euros, o goberno local pon en marcha un ambicioso proxecto de compostaxe comunitaria que inclúe a adquisición de equipos e materiais necesarios, así como accións de formación, difusión e seguimento destinadas á veciñanza.

O alcalde, Paco Ferreira, subliñou que “este proxecto vai máis aló do simple investimento en materiais; é un compromiso real por impulsar un cambio cultural que reduza residuos, fomente a reciclaxe e implique directamente á cidadanía”. Para Ferreira, iniciativas coma esta sitúan a Gondomar á vangarda das políticas ambientais e da economía circular na comarca, e reflicten unha acción concreta do goberno local en beneficio de toda a comunidade.

O novo Centro de Compostaxe Comunitaria permitirá tratar os biorresiduos xerados nos fogares e convertelos en abono natural, reducindo o volume de lixo que chega ao colector convencional e promovendo a reutilización de recursos. Ademais, fomentará a participación cidadá, reforzando o papel activo da veciñanza na preservación do medio ambiente e na mellora da calidade de vida no municipio.

O proxecto complétase coa entrega de máis de 1.000 composteiros domésticos, 150 desta vez,  distribuídos entre os fogares interesados do municipio, co obxectivo de impulsar tamén a compostaxe individual e promover hábitos máis responsables na xestión dos residuos orgánicos.

Este investimento foi posible grazas á financiación europea no marco do Fondo Europeo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (NextGenerationEU), dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Das axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, puido executarse esta intervención que beneficia directamente á cidadanía, ás parroquias e ao conxunto do concello. Grazas á xestión municipal, estes fondos permitiron dar un impulso decidido a unha iniciativa clave para avanzar cara a un modelo máis verde e sostible.

Con esta iniciativa, o Concello reafirma a súa liña política baseada na protección ambiental, na proximidade cos veciños e na aposta por modelos de reciclaxe e compostaxe que repercuten directamente no benestar da cidadanía. Gondomar avanza así cara a un futuro máis limpo, máis verde e máis responsable.

 

Novas

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

SEMENTANDO O BO TRATO, Derradeira cita!

O ciclo de encontros “Sementando o Bo Trato”, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, chega á súa derradeira cita. O 18 de

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Deporte

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

Leer más »