O Concello de Gondomar, dentro do seu compromiso co benestar da cidadanía e coa promoción de contornas dixitais seguras, pon en marcha un curso formativo de balde dirixido a familias, mocidade e persoal educador sobre “O bo uso dos videoxogos” e “Benestar e prevención de riscos dixitais”.

Obxectivos do curso

O programa ten como finalidade ofrecer ferramentas prácticas e recursos actualizados para:

  • Fomentar un uso responsable e equilibrado dos videoxogos.
  • Recoñecer sinais de uso excesivo ou problemático e aplicar medidas de prevención.
  • Coñecer os riscos dixitais máis comúns (ciberacoso, grooming, estafas en liña, exposición a contidos inapropiados, etc.).
  • Promover hábitos de benestar dixital, tanto no eido familiar como educativo.
  • Aprender a configurar controles parentais, sistemas de privacidade e pautas de seguimento.

A quen vai dirixido?

O curso está especialmente pensado para:

  • Nais e pais.
  • Adolescentes e mocidade.
  • Profesorado, monitorado e profesionais do ámbito socioeducativo.

Cando?

Os días 26 e 29 de decembro, en horario de maña.

Inscrición e máis información

As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa inscrición escribindo a:  [email protected]

 

Novas

Axenda

No event found!