O Concello de Gondomar continúa coa programación especial do Día das Letras Galegas coa celebración do IX Memorial Secundino Pérez Sanromán, unha cita cultural que o pasado ano se recuperou con forza e que retoma o seu protagonismo como homenaxe á música tradicional galega e a unha das figuras máis destacadas do folclore no Val Miñor.

O evento terá lugar no Auditorio Lois Tobío o 9 de maio ás 20:00 horas.

Secundino Pérez Sanromán (1931-2014) foi gaiteiro, saxofonista, compositor e mestre de varias xeracións de músicos. Durante máis de corenta anos dedicou a súa vida á ensinanza e á difusión da cultura popular galega, deixando unha pegada fundamental en Gondomar e en toda a comarca a través da creación e impulso de numerosos grupos tradicionais.

O memorial está organizado polo Concello de Gondomar en colaboración co grupo Novos Aires de Couso, mantendo viva a memoria e o legado dun mestre imprescindible para entender a música tradicional no Val Miñor.

Participarán:

  • Aires de Santes da AAVV Galiñeiro de Vincios
  • A Merced de Chaín
  • Ecos e Agarimos de Peitieiros
  • Novos Aires de Couso

 

Desde o Concello convidamos a toda a veciñanza a participar nesta noite dedicada ás nosas raíces, á cultura galega e á música tradicional.

 

Novas

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Leer más »
Formación e emprego

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Leer más »