O Concello de Gondomar convida á veciñanza a participar nunha nova actividade do programa de verán +Deporte Atlántico. O vindeiro mércores 22 de xullo, ás 20:30 horas, a Praza do Concello acollerá unha sesión gratuíta de Zumba, unha proposta pensada para promover hábitos de vida saudables a través do exercicio físico, a música e a diversión.

A actividade está aberta a persoas de todas as idades e niveis, polo que non é necesaria experiencia previa. Ademais, todas as persoas participantes recibirán un agasallo conmemorativo da xornada.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do código QR que figura no cartel ou na web indicada no mesmo, ata o peche do prazo.

Desde o Concello de Gondomar animamos a toda a veciñanza a sumarse a esta iniciativa e a desfrutar dunha tarde de deporte ao aire libre nun ambiente dinámico e participativo.

Novas

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Formación e emprego

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Leer más »