En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:
- O programa Talento Xoven 2026, unha oportunidade gratuÍta para mozos/as de 16 a 29 anos inscritos no programa de Garantía Xuvenil, co obxectivo de acompañalos no seu desenvolvemento persoal e profesional facilitando a súa incorporación ao emprego formandoos en contidos de ampla demanda laboral.
- Programa Talento45+ para persoas entre 45 e 60 anos desempregadas. Este grupo, a diferencia doutros colectivos con maior visibilidade, teñen barreiras xeracionais de acceso ao emprego que esixen un plan de acción diferenciado, multicanal e de alta intensidade.
Dende o Concello queremos sumar folgos para que estas oportunidades cheguen ás persoas que queran manterse ao día os coñecementos dixitais e profesionais.
As persoas interss adas poderán inscribirse chamando aos teléfonos ou ben no correo electrónico que figuran nos carteis ate o día 21 de agosto.






