O Centro Juan María presenta unha exposición de 60 fotografías que combina imaxes reais e transformacións mediante intelixencia artificial para expresar lembranzas, emocións e soños a través dos espazos do Val Miñor.
📍 Onde: Edificio de Servizos Sociais e Rexistro/Padrón, na Praza das Escolas Vellas, Gondomar.
Ubicación: A exposición está distribuída entre a planta baixa e a primeira planta do edificio.
Ata o: 16 de outubro
Horario: De 08:00 a 14:00 horas.
O Concello de Gondomar aposta pola cultura, a inclusión e a innovación, apoiando iniciativas como esta, que promoven a creatividade, dan visibilidade ao talento das persoas participantes e ofrecen á cidadanía novas formas de expresión artística.




