A charla «Recompoñendo unha autoestima danada» celebrarase o 16 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Gondomar. A participación require inscrición previa.

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar continúa coa iniciativa «Outubro: Saúde Mental Mocidade», un ciclo de sesións orientadas a promover o benestar emocional e ofrecer á mocidade e ás familias ferramentas para afrontar os desafíos desta etapa vital.

A segunda sesión estará dedicada á autoestima, un aspecto fundamental no desenvolvemento persoal e no benestar emocional, especialmente durante a adolescencia, unha etapa na que se está a construír a identidade propia e na que as experiencias e as influencias externas poden ter un papel importante na percepción que cada persoa ten de si mesma.

 

A charla, titulada «Recompoñendo unha autoestima danada», terá lugar o vindeiro 16 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Gondomar, e será impartida por Mónica Cainzos, psicóloga educativa de VermisLab.

A través dunha sesión participativa, abordaranse cuestións como a construción da autoestima, os factores que inflúen nela e as ferramentas que poden axudar a fortalecela. O obxectivo é favorecer unha relación máis positiva cun mesmo e contribuír ao desenvolvemento persoal e ao benestar emocional da mocidade.

 

As persoas interesadas en asistir deberán realizar a inscrición previa a través das seguintes vías:

 

Con esta iniciativa, o Concello de Gondomar reafirma o seu compromiso coa saúde mental, a formación e o acompañamento da mocidade e das familias, promovendo recursos que favorezan o benestar emocional e a toma de decisións positivas.

Investir no coidado da mocidade é investir no futuro da sociedade.

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis