Un ano máis chegan as Festas na honra de San Bieito de Gondomar, que é sen dúbida, unha das celebracións máis importantes de Galicia.
Trás dous anos marcados pola pandemia, este ano o Concello xunto coa comisión de festas, teñen programados cinco días cheos de actividades pensadas para tódalas idades.
Sen olividar por suposto o carácter litúrxico e relixioso desta celebración, e indudable que arredor de San Bieto se conforma un dos momentos máis importantes de socialización e encontro entre os nosos veciños e veciñas, sendo unha seña de identidade que trascende máis alá do meramente relixioso.
Como novidade, este ano celebrarase a Festa da Xuventude, para que as mozas e mozos de Gondomar tamén teñan o seu espazo nesta tradicional celebración. Así na noite do venres 8, na Praza da Paradela contaremos co grupo “The Karaoke Experience” que realizarán un espectáculo musical no que calquera que o desexe poderá subir con eles ao escenario a demostrar as suas dotes para o canto, rematando a xornada cunha sesión DJ a cargo de “Ameniza Music”.
O sábado día 9 serán o “Trio D´Lider” e a “Orquesta Alabama” os que amenizarán a noite coa sua música.
A xornada do domingo comezará as 11 da mañá cun pasacalles a cargo da “Charanga Vai de Baile” que percorrerá as principais rúas do centro de Gondomar. A esa mesma hora iniciará o seu percorrido dende a parroquia de Couso a tradicional “Caravana de Coches”, que rematará as 12:30 horas diante da Igrexa de San Bieto ca bendición dos vehículos participantes. Pola tarde os máis pequenos poderán desfrutar da “Festa Infantil” no parque da Coelleira dende as 17:00 h. onde haberá inchables e obradoiros de balde. Pola noite na Praza da Paradela a música correrá a cargo da orquesta “La Dimensión”.
O lúns 11, o día grande de San Bieto, será o turno para o “Acto solemne da Misa e Procesión”, que estará acompañada pola música tradicional do grupo de gaitas “Novos Aires de Couso”. Pola noite teremos unha xornada máis de musica e baile na praza do Concello, esta vez coa “Orquesta Solara” dende as 22:30 h.
O martes 12 a festa iniciarase coa “Puxa das Ofrendas” ás 18:00 horas para seguidamente as 20:30 h. desfrutar da misa cantada e posterior procesión, que neste caso estará acompañada pola banda de gaitas “Balcón do Val Miñor”. Pola noite será a “Orquesta Saudade” a encargada de poñer o colofón a cinco intensos días de tradición, música, baile e festa.
Paco Ferreira, alcalde de Gondomar suliñou que “esta senlleira celebración na honra de San Bieito é sen dúbida unha das festas máis arraigadas da provincia de Pontevedra e incluso de toda Galicia, atraendo non somentes a miles e miles de devotos do noso patrón, senón tamen a quenes aproveitan a oportunidade para desfrutar da festa na nosa vila”. O rexedor local animou a toda a cidadanía de Gondomar a “pariticipar un ano máís das nosas tradicións, da música, do baile ou dos xogos, e en definitiva pasar uns días nos que por uns instantes poder esquecer estes dous anos marcados pola pandemia e reecontrarnos cos nosos veciños e veciñas nun ambiente festivo”.