O Concello de Gondomar e OVALMI (Asociación de Empresarios y Comerciantes do Val Miñor) organizan por oitavo ano o concurso “Tapas do Conde”.
Nesta edición participan 9 establecementos hostaleiros de Gondomar que presentarán a concurso cada un deles unha tapa doce e outra salgada cun prezo fixo de 3 euros.
Dende hoxe 28 de outubro e ata o martes 1 de novembro poderanse degustar tapas orixinais a 3 euros nos seguintes locais:
- Restaurante Pazo da Escola
- Restaurante La Vitrola
- Cafetería Alameda
- Cafetería Keik
- Terra, Cevada e Uva.
- Meniños
- Chupipostres
- Tapería e Jamonería Bastión
- El Tranvía, tu pan tu café.
Todas aquelas persoas que participen na votación cun mínimo de 4 tapas diferentes degustadas, ademáis participarán nun sorteo de cheques por valor de 150, 100 e 50 euros.
Esta mañá o alcalde Paco Ferreira, acompañado de representantes de OVALMI e dos participantes nesta edición, presentaron as tapas que optan ao premio deste ano.
O rexedor local destacou “a gran lavor feita por OVALMI no apoio e a promoción do comercio e a hostalería de Gondomar, e convido a toda a cidadanía a participar e vir a Gondomar a desfrutar do seus sabores e do bo facer dos nosos profesionais da restauración.”
CARTEL TAPAS DO CONDE 2022