Desde hoxe 7 de marzo e ata o 20 de marzo está aberto o prazo de inscrición para o Campus Multideporte de Semana Santa, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de marzo.

Neste campus, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, as e os partcipantes poderán practicar diferentes deportes como atletismo, tenis, tenis de mesa, fútbol sala e baloncesto en horario de 10:00h. a 14:00h.

O alcalde Paco Ferreira destacou que este campus, que este ano chega a súa décimo primeira edición, “ten como obxectivo por unha banda fomentar a práctica deportiva entre as nenas e nenos e por outra banda axuda a nais e pais á conciliación da súa vida laboral e familiar nuns días non lectivos” 

O rexedor tamén aproveitou para “agradecer a colaboración dos diferentes clubs que un ano máis poñen a diposición a monitoras e monitores para que este campus sexa un ano máis un éxito

INSCRICIÓN CAMPUS SEMANA SANTA

DESCARGA DO IMPRESO DE SOLICITUDE: AQUí

Novas

GONDONADAL

Consulta toda a programación deste Nadal en Gondomar AQUÍ

Axenda