🗓 Do 12 ao 27 de xuño
📍 Sala Multiusos do Centro Neural ( Edificio da Policía Local)
O Concello de Gondomar colabora con “Proyecto Gato” na Exposición Fotográfica “Rabuñadas”, que estará aberta no Centro Neural dende o 12 ao 27 de xuño, e que servirá para recadar fondos para este asociación sen ánimo de lucro ubicada en Gondomar, e coa que o Concello colabora tamén a través dun convenio anual.
Neste caso poñemos a disposición a sala multiusos do Centro Neural onde calquera persoa que se achegue poderá mercar algunha das fotografías expostas.
A recadación irá integramente a beneficio desta asociación de axuda a gatos sen fogar.

Novas

Aviso : DNI e Pasaporte en Gondomar

Lembrámosvos que se queredes renovar o DNI ou o pasaporte no Concello de Gondomar, haberá atención nas seguintes datas: 25 de marzo 24 de abril

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis