Search

Gondomar súmase a conmemoración Día Mundial do Medio Ambiente

O mércores 5 de xuño conmemorase en todo o mundo o Día do Medio Ambiente.
O concello de Gondomar súmase a esta iniciativa para concienciar da importancia do coidado do noso entorno e do noso patrimonio natural.
De 10:00h a 13:00h haberá una punto de información instalado na Praza Paradela onde se dará información sobre compostaxe, e se recollerán solicitudes de composteiros individuais, se repartirán gratuitamente cubos para a recollida de bioresiduos e haberá tamen una demostración da forma correcta de separación de residuos domésticos.
Ademais haberá unha furna onde se poderán ver as cabichas que foron recollidas nos úlitmos meses nas ruas de Gondomar polos servizos de limpeza para concienciar da importancia de non tiran este tipo de residuos ao chan e as suas consecuencias negativas no medio ambiente.
Ás 12:00h faremos lectura dunha Declaración Institucional  acordada na FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).
Pasade polo noso punto de información no horario indicado e informarvos do que podedes facer para axudar no coidado do noso planeta!

Novas

AVISO: APRAZAMENTO DO FESTIVAL GONDODANZA

Debido ás previsións meteorolóxicas e as posibles choivas que se poden producir ao longo de mañá sábado 20, a organización do Festival Gondodanza, e para

Axenda

No event found!