O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado da concelleira de turismo Rocío Goberna, xunto a algúns dos representantes das orquestras que actuarán este ano, presentou unha nova edición das tradicionais festas de San Bieto, que terán lugar dende o mércores 10 de xullo ata o domingo 14 de xullo, e nas que haberá ,música de todos os estilos, baile, atraccións para todas as idades, un entroido de verán e unha festa Holi (festa de cor).

 

A festas de San Bieito comezarán o mércores 10, día de San Cristovo coa Caravana Motorizada que sairá dende a parroquia de Couso para dirixirse á Praza Paradela, onde ás 12:00h terá lugar a misa na honra deste santo, e que tras varios anos recupera a súa ubicación na praza do Concello. Ao remate da misa procederase á bendición dos vehículos participantes e todos aqueles que queiran recibir unha bendición que é unha das tradicións máis arraigadas destas festas. Xa pola noite , a partir das 22:30h na Alameda de San Bieito, terá lugar unha gran verbena amenizada polo grupo “La Banda de Ayer” e pola “Orquestra KUBO”.

O xoves 11, festivo local en Gondomar, celebráranse os diferentes actos relixiosos na honra de San Bieito, así dende as 07:00h e ata as 13:00h en horario de mañá e de 17:30h a 21:30h en horario de tarde, haberá liturxias cada hora na Igrexa de San Bieito, sendo o acto principal a Misa Maior que terá lugar ás 12:00h.

Este segundo día de festas a música e o baile correrán a cargo da Orquestra “La Fórmula” que realizarán dous pases dende ás 22:30h no escenario situado na Alameda.

Outra das tradicións destas festas son as Poxas de San Antonio, onde a veciñanza realiza doazóns de distintos artigos e produtos para ser poxados e que terá lugar no atrio da igrexa de San Bieito o venres 12 ás 18:00h. Ese día a misa será ás 20:30h e xa pola noite a partir das 22:30h os encargados de amenizar a festa serán en primeiro lugar o cantautor e guitarrista gondomareño Rubén de Lis e despois a Orquestra Pontevedra.

A xornada do sábado arrincará ás 20:00h na Praza Paradela co certame de Bandas no que participarán a Banda da Agrupación Musical de Vincios e a Bande de Música de Arcade.

Esa noite, as 23:00h a banda “La Patrulla” subirase ao escenario da Praza Rosalía de Castro para animar aos asistentes cunha selección de versións e de temas propios.

Unha das novidades deste 2024 chega o Domingo 14 co celebración do Entroido de Verán. Dende as 12 da mañá, distintas asociacións culturais e de veciños de Gondomar realizarán animación de rúa, xogos e obradoiros e distintas actividades que encherán de música e cor as rúas e prazas da vila.

O colofón  será a Holi Day Party, unha festa onde o po de cores, a música, o baile e o bo humor serán os protagonistas, e que terá o seu epicentro no Parque de Ánimas a partir das 19:00h.

 

O alcalde de Gondomar, aproveitou a presentación para destacar “o carácter por un lado tradicional e relixioso dunha das festas que máis xente achega a nosa vila, e por outro lado unha parte festiva e de lecer que este ano amplíase un día máis coa celebración dun Entroido de verán que encherá as rúas de Gondomar de música e cor” O rexedor local tamén destacou a “excepcional calidade dos grupos musicais e das orquestras que este ano amenizarán as festas, e a variedade da oferta programada pensada para público de todas as idades”

 

Novas

GONDONADAL

Consulta toda a programación deste Nadal en Gondomar AQUÍ

Axenda