O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, fixo entrega de dous DESA (Desfibriladores Semi Automáticos) que foron adquiridos polo concello. O primeiro deles foi cedido, a través da sinatura dun convenio, ao Clube Deportivo Vincios, para que así poidan cumprir a exixencia legal de ter este dispositivo operativo durante a celebración dos seus partidos e adestramentos no campo de A Pasaxe. O concello farase cargo das revisións periódicas e da reposición do material complementario se fose preciso.

 

O segundo destes dispositivo de emerxencias foi entregado á Policia Local de Gondomar, para que sexa incorporado ao equipamento dos vehículos patrulla, e por tanto poidan en caso necesario realizar unha actuación máis inmediata, mellorando así o tempo de resposta, fundamental nos casos de accidentes cardíacos.

 

Con estes dous, son xa 8 os equipos DESA cos que conta o concello de Gondomar, e que están situados en diferentes instalacións municipais: Campo de As Gaiandas, Campo de As Cercas, Centro de Desenvolvemento Local, Auditorio Lois Tobió, Pavillón Bernabé Costas de Miranda e Pavillón de Donas.

 

Como complemento, o Concello de Gondomar impartiu nas ultimas semanas tres cursos nos que axentes da Policia Local, persoal municipal e representantes de clubs deportivos e todos aqueles que teñen acceso a estes equipos, recibiron formación especializada para o correcto uso destes dispositivos, así como formación básica sobre primeiros auxilios.

 

O Alcalde de Gondomar destacou que “no caso de paradas cardiorrespiratorias o tempo de reacción é fundamental e por tanto dende o concello entendemos que ter a disposición estes equipos, e facilitar a formación necesaria para o  seu correcto uso, é unha inversión que pode salvar vidas”

Novas

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Leer más »
Cultura

A PANADEIRA – Teatro

O ciclo de teatro , arrincará o domingo 20 de outubro ás 19:00h.  da man da compañía  “Verbolaria” co seu espectáculo “A PANADEIRA”. Obra dirixida

Leer más »