Menu
Centro de información a muller (CIM)
¿Que é un Centro de Información á Muller?
Naceu o ano 1998 como un servizo de carácter permanente destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres.
¿A quen vai dirixido?
A mulleres e asociacións do Concello de Gondomar ou de concellos limítrofes que non conten co servizo.
A Principios de actuación
- Anomimato na identidade das usuarias.
- Respecto á vontade.
- Gratuidade de todos os seus servizos.
- Confidencialidade por parte do persoal.
Servizos que ofrece
- Asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Orientación profesional e formativa.
- Información sobre todo tipo de recursos.
- Difusión e sensibilidade sobre o Principio de Igualdade entre Mulleres e Homes.
Áreas nas que se está a traballar
- Formación, emprego e conciliación.
- Coa finalidade de promover a incorporación da muller no mercado laboral dunha maneira igualitaria en todas as profesións independentemente da tipoloxía destas, así como incentivar a incorporación da igualdade de oportunidades no eido da educación, para promocionar ferramentas cara comportamentos e actitudes igualitarios e non discriminatorios.
- Execución e seguimento de Itinerarios Formativos Personalizados e de Inserción (orientación laboral, cursos, charlas,…)
- Participación social
- Co obxectivo de incentivar a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade (social, político, cultural e económico) dunha maneira activa, dinámica e participativa.
- Contamos co Consello Municipal da Muller, facemos información e asesoramento a asociacións, potenciamos o asociacionismo,…
- Prevención e eliminación da Violencia de Xénero.
- Para concienciar á sociedade nos valores e principios cara a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, así como fomentar o uso dunha lingua non sexista.
- Organización de campañas de sensibilización, realización de núcleos de reflexión, establecer protocolos de actuación,…
- Administración e servizos.
- Incorporación do mainstreaming na vida diaria da administración local e en todas as actuación e actos municipais.