Menu
O maltrato
- Ningunha muller debe permanecer nunha relación na que non se respecta a súa dignidade como persoa nin se le recoñece como igual.
- A violencia de xénero comprende calquera agresión física, psicolóxica, sexual, económica ou social sobre as mulleres polo mesmo feito de selo.
- En todas as súas manifestacións e ámbitos atenta gravemente conra os dereitos humanos das mulleres. Pódese denunciar tanto os malos tratos físicos como psíquicos, haxa ou non lesións.
¿Qué facer ante unha situación de maltrato?
PLAN DE SEGURIDADE
- Evita estar en lugares nos que o agresor poida acceder a obxectos perigosos, como a cociña.
- Permanece nun cuarto fóra do alcance do agresor e próxima á porta da rúa co fin de facilitarche a saída do domicilio.
- Refúxiate cos teus fillos/as na casa dun/ha veciño/a.
- Pecha todas as entradas se o agresor saíu do lugar.
¿QUE FACER CANDO SE PRODUCE UNHA AGRESIÓN?
- Chama ao CIM (986 369 224), á Policía Local (986 389 191 / 696 998 080) ou á Garda Civil (986 360 040).
- Avisa a algún veciño/a ou familiar que poida presenciar o teu estado físico e psicolóxico, dos teus fillos/as, danos na vivenda, actitude do agresor,… para logo declarar como testemuña.
- Se podes recolle e leva contigo toda a documentación persoal túa e a dos teus fillos/as (DNI, tarxetas sanitarias, libro de familia, …), documentos acreditativos dos ingresos e dos gastos familiares (tarxeta bancaria, libretas, recibos do aluger, …), e de ser o caso documentos acreditativos de agresións anteriores (denuncias, informes médicos, sentenzas, …).
- Conserva dos xustificantes dos gastos que se produzan como consecuencia da agresión (médicos, farmacéuticos, desprazamentos, aloxamento, …)
SE EXISTEN LESIÓNS FÍSICAS
- Acude ao centro médico ou ao servizo de urxencias.
- Explica con precisión todas as lesións sufridas.
- Se sufriches agresión sexual non te cambies nin te leves e explícalles como ocorreron os feitos en avergoñarte.
- Solicita copia do informe médico xa que é moi importante en caso dunha posterior denuncia.
- Toma fotos das lesións xa que é posible que pasen días ata que sexas citada polo xulgado para que te examine o médico forense.
DENUNCIA OS FEITOS
- É moi importante que antes de iniciar ningún trámite legal te asesores convenientemente.
- Podes presentar a denuncia na Policía Nacional, Policía Local, Garda Civil, ou no Xulgado de Garda.
IMPORTANTE
- Fai unha descrición detallada de como ocorreron os acontecementos.
- Se hai testemuñas facilita os seus datos.
- Le o contido da denuncia antes de asinar.
- Pide unha copia da denuncia.
- Podes pedir protección e acompañamento para volver á túa casa.
- Tes dereito a asistencia xurídica gratuíta.
- Poder pedir orde de afastamento
DEREITOS DAS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
- Á información.
- A servizos sociais de atención, urxencia, apoio e acollida e de recuperación integral.
- Asistencia xurídica gratuíta.
- Laborais e de seguridade social.
- Económicos (Salario de Liberdade e Axuda económica en pagamento único).
- Axudas ao aluguer ou merca dunha vivenda.
- Atención psicolóxica gratuíta.
SALARIO DE LIBERDADE
- Apoio económico a mulleres que acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero non dispoñen de recursos económicos, ou son de contía insuficiente, para afrontar unha independencia inmediata do agresor.
- A prestación consiste nunha axuda económica de ata 600 euros mensuais e por un período máximo de 12 mensualidades.
- Os requisitos necesarios para ser beneficiaria son:
- Ser muller, maior de idade ou emancipada.
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Acreditar a situación de violencia cunha orde de protección xudicial, informe do Ministerio Fiscal, dos servizos sociais ou dos centro de acollida.
- Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor.