CONCERTO NA PRAZA DE ROSALÍA -“PÍSCORE” – Venres 14
🗓 14 xuño
🕢 19:30 horas
📍 Praza Rosalía de Castro
O Cuarteto cómico de percusionistas “Píscore”, presenta este venres 14 de xuño ás 19:30h na Praza Rosalía de Castro de Gondomar o seu último proxecto “Molto Barroco”. Volve a Gondomar un dos grupos máis divertidos de Galicia para todas as idades cunha nova peza chea de risas e sorprendentes números cómico-musicais.
“Píscore” dá un novo paso adiante coa súa mellor peza mellorando a súa produción escénica, visual e cómica. Molto Barroco é un esmendrellante paseo pola excelencia da música barroca mesturada con gags cómicos de primeiro nivel. O elenco está formado por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, dirixidos por Fran Rei. Aberto a todos os públicos e gratuito.
Este concerto está encadrado dentro dun conxunto de actividades que o alumnado do Conservatorio Municipal de Gondomar, vivirá entre o venres 14 e o sábado 15 onde quedarán a durmir no centro. A mañá do sábado estará adicado ao corpo e ao movemento da man de Eva Blanco cunha sesión de Ioga e Meditación, e rematarán cunha Masterclass de danza contemporánea, moderno e breakdance cos bailaríns Rubo e Alejandra Teixeira, da Escola de danza Unidance de Vigo.
Todas as actividades están financiadas polo Concello de Gondomar e pola Deputación de Pontevedra.

Novas

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

FESTA PRE FIN DE ANO EN GONDOMAR

O Concello anima a toda a veciñanza a participar na Festa Pre-Fin de Ano, nun ambiente festivo pensado para todas as idades, que terá lugar

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

Leer más »