Conversaremos sobre a conduta suicida na adolescencia, unha realidade.

O  programa Falamos, foi posto en marcha polo Concello de Gondomar no ano 2019, a través da Concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro Valverde, co claro obxectivo de crear un espazo de diálogo, visibilización  e acompañamento tanto para a mocidade como para as familias. Un total de 1.099 mozos e mozas se beneficiaron desta iniciativa en anos anteriores e 148 adultos. A sociedade debe coñecer a realidade dos adolescentes e as familias non debemos perder a oportunidade de poder axudarlles a través dese coñecemento.

Unha vez levado a cabo o traballo cos adolescentes nos centros educativos, damos paso as familias. Levaremos a cabo dúas charlas, as que emprazamos a todas  e todos os interesados a partir dos 14 anos no Centro Neural do Concello de Gondomar ás 19h. As citas e temáticas son o 19 de xaneiro do 2024 co título de “ Unha ollada ó abismo: emocións e conduta suicida na adolescencia” falaremos dunha realidade dos adolescentes que teñen ideas suicidas e que chegan a expresión máis drástica dunha dor emocional intensa.  E o 26 de xaneiro do 2024, co título “ Novas formas de violencia dixital. O ciclo de captación Groomer” coñecer a relación que o seu fillo/a adolescente pode ter coas redes: ciberbullying, pornografía, sextorsión, relacións tóxicas, grooming, etc.

A conversa, a xestión emocional, o consenso e o coñecemento da realidade dos adolescentes é vital para ter un tránsito positivo pola adolescencia. Para elo, esta aposta do concello de Gondomar  traducida en 41 obradoiros levados a cabo nos centros educativos do Concello e dúas charlas  para as familias.

Para ambas charlas aconsellamos inscribirse a través do correo [email protected] ou chamando a OMIX 986.369.746

Novas

FESTAS DE SAN BIEITO

Do 10 ao 13 de xullo, o Concello organiza por segundo ano consecutivo as FESTAS DE SAN BIEITO Consulta toda a programación  AQUÍ Visualiza o

DISPOSITIVO DE TRÁFICO POR CORPUS CHRISTI

Con motivo da elaboración das tradicionais Alfombras Florais do Corpus Christi, o Concello de Gondomar activará un dispositivo especial de tráfico que afectará a varias

Axenda

No event found!
Cultura

FESTAS DE SAN BIEITO

Do 10 ao 13 de xullo, o Concello organiza por segundo ano consecutivo as FESTAS DE SAN BIEITO Consulta toda a programación  AQUÍ Visualiza o

Leer más »
Cultura

VIAXE ILLAS CIES

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, organiza VIAXE ÁS ILLAS CIES o próximo sábado 5 de xullo Saída ás 09:30 do 

Leer más »