Un ano máis o Concello de Gondomar celebra unha das súas  festas mais arraigadas, na que as súas rúas volverán a estar tapizadas coas tradicionais alfrombras florais.

Centos de veciñas e veciños levan semanas recolectando as flores para confeccionar uns tapices que encherán de cor as nosas rúas e prazas.

Esta festa non sería posible en o traballo dos seguintes colectivos de alfombristas:

  • Mulleres Rurais de Gondomar
  • O Millor de cada casa – Vincios
  • Centro Cultural de Vincios
  • Grupo de Gaiteiros Novos Aires de Couso
  • Asociación San Vicente de Mañufe
  • Clube de Patinaxe Artística de Gondomar
  • Centro Cultural Veciñal de Peitieiros

A todas elas e a todos eles dende o Concello o noso máis fondo agradecemento polo seu esforzo e dedicación.

 

PROGRAMA CORPUS 2022

Sábado 18 xuño

17:30 horas- Inicio da confección das alfombras

21:30 horas – Animación a cargo de “Noche de Ronda”

 

Domingo 19 xuño

Exposición de alfombras nas rúas

12:30 horas- Misa do Corpus

13:15 horas- Procesión – Banda Agrupación Musical de Vincios

 

Estades todas e todos convidados!!!!!

 

Novas

Pasacalles de Papá Noel en Gondomar

O sábado 13 de decembro terá lugar o pasacalles de Papá Noel, con saída ás 17:00 h desde o Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda

Certame de Nadal de Corais

O vindeiro 14 de decembro, ás 19:00 horas, teremos en Gondomar unha tarde dedicada á música no Auditorio Lois Tobío co Certame de Nadal de

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Certame de Nadal de Corais

O vindeiro 14 de decembro, ás 19:00 horas, teremos en Gondomar unha tarde dedicada á música no Auditorio Lois Tobío co Certame de Nadal de

Leer más »