FESTAS DE SAN BIEITO 2022

Un ano máis chegan as Festas na honra de San Bieito de Gondomar, que é  sen dúbida, unha das celebracións máis importantes de Galicia.

Trás dous anos marcados pola pandemia, este ano o Concello xunto coa comisión de festas, teñen programados cinco días cheos de actividades pensadas para tódalas idades.

Sen olividar por suposto o carácter litúrxico e relixioso desta celebración, e indudable que arredor de San Bieto se conforma un dos momentos máis importantes de socialización e encontro entre os nosos veciños e veciñas, sendo unha seña de identidade que trascende máis alá do meramente relixioso.

Como novidade, este ano celebrarase a Festa da Xuventude, para que as mozas e mozos de Gondomar tamén teñan o seu espazo nesta tradicional celebración. Así na noite do venres 8, na Praza da Paradela contaremos co grupo «The Karaoke Experience» que realizarán un espectáculo musical no que calquera que o desexe poderá subir con eles ao escenario a demostrar as suas dotes para o canto, rematando a xornada cunha sesión DJ a cargo de «Ameniza Music».

O sábado día 9 serán o «Trio D´Lider» e a «Orquesta Alabama» os que amenizarán a noite coa sua música.

A xornada do domingo comezará as 11 da mañá cun pasacalles a cargo da «Charanga Vai de Baile» que percorrerá as principais rúas do centro de Gondomar. A esa mesma hora iniciará o seu percorrido dende a parroquia de Couso a tradicional «Caravana de Coches», que rematará as 12:30 horas diante da Igrexa de San Bieto ca bendición dos vehículos participantes.  Pola tarde os máis pequenos poderán desfrutar da «Festa Infantil» no parque da Coelleira dende as 17:00 h. onde haberá inchables e obradoiros de balde. Pola noite na Praza da Paradela a música correrá a cargo da orquesta «La Dimensión».

O lúns 11, o día grande de San Bieto, será o turno para o «Acto solemne da Misa e Procesión», que estará acompañada pola música tradicional do grupo de gaitas «Novos Aires de Couso». Pola noite teremos unha xornada máis de musica e baile na praza do Concello, esta vez coa «Orquesta Solara» dende as 22:30 h.

O martes 12 a festa iniciarase coa «Puxa das Ofrendas» ás 18:00 horas para seguidamente as 20:30 h. desfrutar da misa cantada e posterior procesión, que neste caso estará acompañada pola banda de gaitas «Balcón do Val Miñor». Pola noite será a «Orquesta Saudade» a encargada de poñer o colofón a cinco intensos días de tradición, música, baile e festa.

Paco Ferreira, alcalde de Gondomar suliñou que «esta senlleira celebración na honra de San Bieito é sen dúbida unha das festas máis arraigadas da provincia de Pontevedra e incluso de toda Galicia, atraendo non somentes a miles e miles de devotos do noso patrón, senón tamen a quenes aproveitan a oportunidade para desfrutar da festa na nosa vila».  O rexedor local animou a toda a cidadanía de Gondomar a «pariticipar un ano máís das nosas tradicións, da música, do baile ou dos xogos, e en definitiva pasar uns días nos que por uns instantes poder esquecer estes dous anos marcados pola pandemia e reecontrarnos cos nosos veciños e veciñas nun ambiente festivo».