Search

Gondomar financiará con 10.000 euros un proxecto ambiental no Sahara

O concello de Gondomar, a través do Fondo Galego de Cooperación do que forma parte, achegará unha axuda de 10.000 euros ao pobo saharahui que permitirá financiar un proxecto ambiental e a contratación de 20 traballadores na zona de Wilaya de Bojador.

 O proxecto que contará coa axuda do Fondo de Cooperación Galego, no que tamén participará o concello de Nigrán, así como outros municipios de Pontevedra pendentes de confirmación, consiste na implantación dun servizo de recollida de residuos orgánicos e control da auga.

Ademais contempla a contratación do persoal necesario e a dotación dos vehículos que permitan e faciliten a execución destasaccións. Durante a estancia na zona e o encontro que o rexedor, Paco Ferreira, mantivo cos seus representantes locais expúxose a importancia que ten o feito de manter o control da potabilidade das augas, a subministración e o seu consumo, algo que non resulta ás veces demasiado sinxelo e supón un verdadeiros problemas de saúde para o pobo saharahui.

A iso súmase a falta de servizo de recollida e destrución do lixo que implica dificultades serias para a convivencia e que con este tipo de proxectos que se poñerá en marcha coa financiación que se achegará, poderíase mellorar.

Novas

Axenda

No event found!