Máis de 30 voluntarios participaron este pasado domingo na xornada de limpeza de ríos que en colaboración con ADEGA se levou a cabo nos ríos de Gondomar, e de outros moitos concellos de Galicia de maneira simultánea. Foron retirados máis de 600 quilos de residuos de cristais, plásticos, diferentes envases, restos de obra, e pneumáticos entre outros.

A xornada daba comezo ás 10:30 h. no punto de encontro establecido onde os participantes recibían unha camiseta identificativa, luvas e bolsas para a recopilación dos residuos,  así como unha pequena charla coas indicacións necesarias.

Ao longo de toda a mañá, os máis de trinta voluntarios, de todas as idades, percorrian dividios por grupos un treito de máis dun quilómetro dos ríos Miñor e Zamáns.

Ao rematar, entorno ás 13:30 horas, todos os participantes na xornada recibiron un pequeño aprovisionamento de comida e bebida e como obsequio unha invitación para asistir á úlitma xornada do Season Fest que se celebrou en Gondomar durante esta fin de semana.

 

O alcalde Paco Ferreira destacou que “a cantidade de residuos recollida este ano é sensiblemente inferior a de anos anteriores, o que demostra que as diferentes campañas de concienciación levadas a cabo dende o Concello están sendo efectivas” O rexedor quixo ademáis “agradecer aos más de 30 voluntarios e voluntarias participantes o seu compromiso co noso medio ambiente e cos nosos ríos, que son sen dúbida a nosa maior riqueza”  

Novas

Ximnasia de Mantemento

O programa de Ximnasia de Mantemento está dirixido ás persoas maiores de 65 anos e ten como finalidade mellorar a condición física xeral, manter a

Obradoiro de Memoria – Cultiva a mente

O Obradoiro de Memoria “Cultiva a mente” é unha actividade dirixida ás persoas maiores de 65 anos co obxectivo de manter e mellorar as capacidades

Axenda

Benestar social e sanidade

Ximnasia de Mantemento

O programa de Ximnasia de Mantemento está dirixido ás persoas maiores de 65 anos e ten como finalidade mellorar a condición física xeral, manter a

Leer más »