O Concello de Gondomar, en colaboración con 14 entidades deportivas presentou un ano máis os seus campus deportivos de verán. Haberá una moi ampla e variada oferta de disciplinas deportivas. Así os nenos e nenas de Gondomar poderán practicar as seguintes disciplinas deportivas durante o periodo estival:

 

  • Baloncesto. Do 15 ao 19 de agosto. De 8 a 13 anos- Club Baloncesto Baiona
  • Tenis. Do 22 ao 26 de agosto. De 4 a 16 anos – Club Tenis Gondomar
  • Tenis de Mesa. Do 4 ao 8 de xullo. De 6 a 16 anos – Agrupación Deportiva Vincios
  • Fútbol 1. Do 11 ao 15 de xullo. De 5 a 14 anos- Gondomar F.B.
  • Fútbol 2. Do 4 ao 8 de xullo. De 4 a 14 anos- Godomar C.F.
  • Fútbol Feminino. Do 18 ao 22 de xullo. De 5 a 15 anos- Lóstrego C.F.
  • Fútbol Gaelico. Do 22 ao 26 de agosto. De 9 a 17 anos- Club Turonia
  • Fútbol Sala. Do 27 de xuño ao 1 de xullo. De 6 a 12 anos- Abetos Gondomar C.F.
  • Patinaxe Artística 1 – Do 1 a 7 de xullo. De 7 a 17 anos- Club Patinaxe Gondomar
  • Patinaxe Artística 2 – Do 1 ao 5 de agosto. A partir de 4 anos. C.D. Eixo Gondomar
  • Ximnasia Acrobática. Do 8 ao 12 de agosto. De 6 a 14 anos. Gondomar Acro Club
  • Bolos Celtas. Do 26 ao 30 de xullo. De 7 a 15 anos. Club de Bolos Gondomar
  • Judo. Do 8 ao 12 de Agosto. De 6 a 14 anos. Federación Galega de Judo
  • Xadrez. De 6 a 16 anos. De 10 a 14 horas.

 

Para información e inscricións os interesados poderán dirixirse a Concellería de Deportes. Teléfono 608748393 e-mail [email protected] ou directamente aos clubes colaboradores.

Paco Ferreira suliñou que “con esta ampla oferta deportiva Gondomar converteráse nunha das capitais de Galicia do deporte base, xa que a educación a través do deporte e unha das máis firmes apostas deste goberno”. O alcalde quixo “agradecer a colaboración de tódolas entidades deportivas que fan posible estes campus deportivos, e puxo en valor o seu “gran traballo en favor do deporte de base”.

Asimesmo o rexedor local comprometeuse a “seguir ampliando a oferta deportiva de Gondomar coa incorporación nos próximos anos de máis disciplinas deportivas”

Novas

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Leer más »
Cultura

A PANADEIRA – Teatro

O ciclo de teatro , arrincará o domingo 20 de outubro ás 19:00h.  da man da compañía  “Verbolaria” co seu espectáculo “A PANADEIRA”. Obra dirixida

Leer más »