O xurado popular otorgoulle o primeiro premio o Café Bar Alameda mentres que o xurado profesional decantouse pola proposta do Pazo da Escola.

A Festa da Empanada de Gondomar que organizada pola asociación OVALMI e o Concello de Gondomar chegou este ano a súa novena edición, desvelou esta mañá os seus premiados.

Así no apartado de xurado popular, a proposta  “empanada de carne ao caldeiro” do Café Bar Alameda alzouse co primeiro premio. A “empanada de porco con castañas e salsa de mazá” elaborada na cociña do Café bar Estanco obtivo o segundo premio. Mentres o terceiro premio recaeu na Bocatería A Bocados coa súa “Empanada de hoxaldre con améndoa e pera”.

O premio outorgado polo xurado profesional, valorou como a mellor oferta culinaria de todas a “empanada aberta de champiñóns e panceta” presentada polo Pazo da Escola. Ademáis os artífices desta proposta foron premiados cun vale dunha noite no parador de Baiona, cortesía de Paradores de España.

Por último o Concello de Gondomar tamen adxudicou os 4 vales por valor de 50 euros, para facer compras no comercio local, que foron sorteados entre aquelas persoas que partciparon na festa e foron parte do xurado popular.

No acto de entrega de premios, na casa do Concello de Gondomar, tanto os representantes de OVALMI como a Concelleira de Comercio, Rocio Goberna, destacaron que esta festa “non para de medrar ano tras ano, incrementando tanto os locais de hostalería participantes como os que nos visitan para degustar un producto que cada edición aumenta en calidade”.

 

 

Novas

GALICIA SABE AMAR

Galicia Sabe Amar é unha campaña para animar á cidadanía  a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor

Axenda

No event found!
Load More
Comercio

GALICIA SABE AMAR

Galicia Sabe Amar é unha campaña para animar á cidadanía  a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor

Leer más »