O alcalde Paco Ferreira presentou esta mañá a programación cultural e deportiva para os meses de setembro e outubro, cunha oferta pensada para todos os públicos.

 

O alcalde Paco Ferreira presentou esta mañá a programación cultural e deportiva dos meses de setembro e outubro, que en palabras do propio rexedor municipal “esta pensada para todos o públicos, cunha oferta moi variada para o desfrute de toda a familia”

As actividades darán comezo o sábado día 2 cunha festa do motor e exposición de vehículos de competición, que estará aberta ao público durante todo o día no entorno do complexo deportivo de As Cercas.

Tamén durante todo o día, dende ás 10 horas, disputarase no Pavillón Municipal Bernabé Costas o Campionato Galego de Dardos na modalidade de “Aro Estreito” e no que se darán cita centos de competidores chegados dende todos os puntos de Galicia.

O mesmo sábado tamén haberá turno para a música ca celebración do VIII Encontro de Coros Tradicionais “Cantares de Miñor” a partir das 19:00 horas na Praza Paradela e con entrada libre.

A programación do mes de outubro proseguirá dende o xoves día 7 ata o domingo 10 coa celebración do festival gastronómico e musical “Rilla na Rúa, edición Novecento” no que se poderá desfurtar da mellor gastronomía de rúa nun entorno natural inmellorable, o Parque da Coelleira, onde ademáis de boa comida, os asistentes poderán gozar de boa música, artesanía e xogos infantís.

A música tradicional tamén ten un espazo moi importante na axenda cultural do concello de Gondomar. O sábado 9 ás 20 horas o grupo tradicional “Os Terribles de Donas” se subirán ao escenario da Praza de Rosalía de Castro, e ao dia seguinte, o domingo 10, a Banda de Gaitas “Irmandade” do Centro Social Cultural de Deportivo de Bolos de Montevideo (Uruguai)  ocuparán ese mesmo escenario tamén ás 20:00 horas.

O mesmo domingo 10 a partir das 8 horas e con saída dende a Praza Paradela terá lugar a Marcha Cicloturista Concello de Gondomar. Ademais ese mesmo dia entre as 16 e as 20 hora terá lugar o “Dance Festival Predator”, no parque Ponte das Rosas, unha festa que mistura a musica e o deporte.

O sábado 16 será o turno da danza coa celebración do Festival de disciplinas de Baile “Gondodanza” onde centos de bailarinas e bailarines amosarán todo o seu talento nunha tarde na que calquera que queira poderá participar activamente.

O xoves 21 dará comezo o festival de música “Season Fest Gondomar” que durante 4 días traerá a Gondomar o mellor da música indie do panorama nacional, con artistas da talla de Xoel Lopez, Ivan Ferreiro, Pablo Nova ou os portugueses Capicua entre moitos outros.

O mes de setembro rematará con “Ritmando”, unha actividade para público infantil que terá lugar o mércores 27 na biblioteca municipal.

Xa no mes de outubro, os dias 6, 7 e 8 realizarase unha nova edición da Ruta Ciclista do Irmandamento, entre a nosa vila e Gondomar en Portugal.

Para participar nesta ruta deberán dirixirse a Concellería de Turismo a través od enderezo de correo: [email protected]

O mércores 11 chega a Biblioteca Municipal de Gondomar o Mago Paco co seu espectáculo infantil “Contamaxias”.

Un ano máis a asociación A Cento Cien en colaboración co concello organizan o Motomagosto que terá lugar no Complexo Deportivo de As Cercas o sábado 14.

Os días 28 e 31 o concello oranizará o seu Samaín, con actividades en diferentes rúas e prazas da vila que terá para eses días unha decoración especial.

Por último o domingo 29 no Auditorio Municipal Lois Tobío terá lugar a representación da obra teatral “Mamut”.

 

 

Novas

Miñorsons 2024

Arranca o  Miñorsons 2024 , festival de Músicas Tradicional do Mundo  do 7 ao 12 de novembro A súa cita en Gondomar será o sábado

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Miñorsons 2024

Arranca o  Miñorsons 2024 , festival de Músicas Tradicional do Mundo  do 7 ao 12 de novembro A súa cita en Gondomar será o sábado

Leer más »