O alcalde, Paco Ferreira acompañado da tenente de alcaldesa Nuria Lameiro, presentou esta mañá unha campaña de sensibilización sobre a corresponsabilidade nos coidados no ámbito familiar.

Durante os próximos días se repartirán dípticos e carteis informativos desta campaña nos comercios e locais de Gondomar. A información tamén estará dispoñible nos diferentes edificios e departamentos municipais.

Paco Ferreira destacou que “é fundamental que os homes nos corresponsabilicemos nos coidadados dos fillos e das persoas maiores. Estas tarefas non poden seguir recaendo prácticamente en exclusiva nas mulleres, que en moitos casos ven frustradas as súas carreiras profesionais por ter que fecerse cargo dos coidadados dos fillos, ou de persoas dependentes. Nesta loita pola igualdade estaremos sempre ao lado das mulleres, e este tipo de campañas son unha boa ferramenta para acadar unha igualdade real, que debe ser un dos obxectivos de calquera administración”

Numerosos estudos confirman que a responsabilidade nos coidados no ámbito familiar segue a recaer sobre elas.

As estatísticas amosan que un 88%* das persoas que piden excedencias laborais por coidado son mulleres.

O 94,96%* das persoas que non buscan traballo fóra da casa por ter que dedicar o seu tempo aos coidados tamén son mulleres.

De cada 20 persoas nesta situación, 19 son mulleres e 1 é un home.

Afortunadamente, esta realidade está a cambiar e cada vez son máis os homes que se suman e son corresponsables.

Mais non é suficiente.

 

Está na túa man reverter a situación porque coidar tamén é querer e ser corresponsable axudará a mellorar a túa vida familiar e persoal, equilibrándoa.

 

 

 

DESCARGA O DÍPTICO INFORMATIVO

 

Novas

A Teteira de Kabul

A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar

TRUCO OU TRATO EN GONDOMAR 

Este 31 de outubro vive o Samaín polas rúas de Gondomar! Os comercios locais xa teñen os seus establecementos decorados para a ocasión e colaboran

Axenda

No event found!
Cultura

A Teteira de Kabul

A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar

Leer más »
Comercio

TRUCO OU TRATO EN GONDOMAR 

Este 31 de outubro vive o Samaín polas rúas de Gondomar! Os comercios locais xa teñen os seus establecementos decorados para a ocasión e colaboran

Leer más »