O concello ten previsto aumentar en mais de 300 composteiros domésticos a rede de compostaxe que xa existe no municipio.

 

O Concello de Gondomar empeza unha nova campaña de divulgación para aumentar e mellorar a participación da cidadanía, tanto na separación en orixe da fracción orgánica municipal como na compostaxe deste material in situ. Deste xeito, o Concello vai adquirir mais de 300 composteiros, para cedelos aos veciños e veciñas interesados en participar na compostaxe doméstica dos seus residuos orgánicos.

A partir da próxima semana, todas as vivendas unifamiliares do municipio van recibir unha carta ao seu domicilio, coa información relacionada con esta campaña, a importancia de sumarse ao proxecto e a maneira de participar nel. Todas as persoas que soliciten participar, van recibir un composteiro de balde, un manual de compostaxe e asesoramento técnico durante o proceso.

Desta maneira o Concello de Gondomar continúa coa súa aposta ambiental e de mellora do servizo de xestión de residuos. Con esta iniciativa prevese incrementar o programa de compostaxe doméstica iniciada en 2017 e que xa leva mais de 500 composteiros instalados nas casas de Gondomar e 2 centros de compostaxe comunitaria para o casco urbano.

A campaña de divulgación quere lembrar a cidadanía que case o 50% do peso dos refugallos que xeramos na casa, pertencen a fracción orgánica (restos de comida e vexetais) e da importancia de separalos para mellorar o proceso de reciclaxe, tanto desta fracción como de todas as outras. Así o Concello segue traballando para cumprir coas normativas estatais e europeas, que marcan diferentes obxectivos antes de acabar o ano 2025.

Novas

Miñorsons 2024

Arranca o  Miñorsons 2024 , festival de Músicas Tradicional do Mundo  do 7 ao 12 de novembro A súa cita en Gondomar será o sábado

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Miñorsons 2024

Arranca o  Miñorsons 2024 , festival de Músicas Tradicional do Mundo  do 7 ao 12 de novembro A súa cita en Gondomar será o sábado

Leer más »