Tras a renuncia dá Federación Galega de Patinaxe de coordinar esta tempada as escolas deportivas nos concellos dependentes da Deputación de Pontevedra, o Concello de Gondomar e o ente provincial chegaron a un acordo de financiación e xestión da escola municipal de patinaxe de Gondomar.

Deste xeito Gondomar porá a disposición das mozas e mozos de Gondomar cen prazas para esta modalidade, que tanto éxito e aceptación ten na vila, que se suman ás máis de 600 prazas en outras disciplinas deportivas.

Paco Ferreira sinalou que “a patinaxe é un dos deportes nos que Gondomar destaca, tanto pola cantidade de mozas e mozos que o practican, como polos éxitos deportivos acadados polos nosos clubes a nivel nacional e tamén a nivel internacional, e seguiremos coa nosa firme aposta polo deporte de base.”

 

Novas

Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Comercio

Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración

Leer más »