Encontro europeo EUruralTOWNS, celebrado do 12 ao 17 de novembro de 2026 na Unión de Freguesías de Melres e Medas, en Portugal.

Esta iniciativa reuniu comunidades rurais de distintos territorios europeos co obxectivo de compartir experiencias, intercambiar coñecementos e reflexionar conxuntamente sobre os retos e as oportunidades do medio rural, contribuíndo así á construción do futuro de Europa desde o ámbito local.

Nesta edición, o encontro recuperou o manifesto orixinal do proxecto e a súa síntese das presentacións e dos documentos elaborados ao longo da iniciativa. O documento recolle oito principios fundamentais que pretenden servir de guía a concellos, centros educativos, asociacións e cidadanía á hora de identificar e impulsar accións adaptadas ás características e necesidades de cada territorio.

A participación de Gondomar neste espazo europeo supuxo unha oportunidade para coñecer outras experiencias, compartir a realidade do municipio e establecer vínculos de colaboración con comunidades rurais doutros países, avanzando cara a un desenvolvemento rural máis sostible, participativo e conectado.

Xuramento de Irmandamento / Oath of twinning

EUruralTOWNS_Cultural_Manifesto

EVENT DESCRIPTION SHEET

   

 

Novas

MERCADO DE NADAL

O Concello de Gondomar pon en marcha unha nova edición do xa tradicional Mercado de Nadal, que terá lugar os vindeiros 5 e 6 de

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Comercio

MERCADO DE NADAL

O Concello de Gondomar pon en marcha unha nova edición do xa tradicional Mercado de Nadal, que terá lugar os vindeiros 5 e 6 de

Leer más »