O Concello de Gondomar a través dun convenio asinado coa Federación Provincial de Comercio Turismo e Mercados de Pontevedra, ofrecerá un servizo de asesorameto gratuíto en materia de consumo eléctrico, para calquera comercio ou empresa ubicada en Gondomar.
A través de este convenio de colaboración asinado entre o alcalde Paco Ferreira e o Secretario Xeral da Federación, Enrique Nuñez, os comerciantes de Gondomar disporán dende o 17 de outubro e por un período de un mes, dun servizo de asesoramento en materia enerxética.
Deste xeito os comerciantes que o desexen poderán dirixirse á Federación Provincial, e especialistas na materia analizarán os seus contratos e facturas e lles facilitarán asesoramento, analizando as distintas opcións existentes no mercado, para facilitarlles a oferta que mellor se adapte ao seu negocio.
Para beneficiarse deste servizo so deberán remitir ás súas facturas por correo electrónico a: [email protected] para que os técnicos da Federación Provincial realicen un estudo individualizado dos consumos do establecemento, buscando erros na facturación e plantexando a alternativa que poida ser máis vantaxosa.
No acto de sinatura deste convenio o alcalde Paco Ferreira, destacou que “o Concello de Gondomar ten unha aposta clara polo comercio de proximidade, e poremos a súa disposición todas as ferementas posibles para que poidan seguir a desenvolver a súa actividade nas mellores condicións. “Somos conscientes de que actualmente o comercio está a atravesar un periodo de dificultade provocado pola crise enerxética e estamos seguros de que este servizo que poñemos agora en marcha, servirá de axuda en moitos casos para a reducción do gasto o que beneficiará á competitividade do comercio da nosa vila”.

Novas

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Leer más »
Cultura

A PANADEIRA – Teatro

O ciclo de teatro , arrincará o domingo 20 de outubro ás 19:00h.  da man da compañía  “Verbolaria” co seu espectáculo “A PANADEIRA”. Obra dirixida

Leer más »