Hoxe entregáronse en Gondomar, nun acto celebrado en Casa Peralba, os diplomas acreditativos aos participantes nos obradoiros duais “Coidando Miñor II”.

 

Nesta edición impartíronse as  especialidades de “atención sociosanitaria a persoas maiores” e “servizos de limpeza e xestión de residuos urbans” e participaron un total de 20 persoas, principalmente mulleres, que se atopaban en situación de desemprego, nos que durante 12 meses recibiron formación teórica e práctica de maneira remunerada.

Seis profesionais conformaron o equipo directivo; un director, unha titora, unha administrativa, e unha docente para cada unha das especialidades.

Trátase dun obradoiro financiado a través dunha subvención de 503.000 euros concedida pola Xunta de Galicia, na que cada un dos tres concellos miñoráns, Gondomar, Nigran e Baiona aportan 5.000 euros, e que se celebraron no Concello de Gondomar, que proporcionou ademáis o apoio loxístico e de espazos necesarios.

 

No acto de clausura e entrega de diplomas participaron os alcaldes de Nigrán, Juan González, o de Baiona Jesús Vázquez Almuiña, e o de Gondomar Paco Ferreira, que actuou de anfitrión do acto. Ademáís en representación da Xunta de Galicia estivo presente o Delegado Territorial de Emprego Jose Antonio Fernández.

Na súa intervención o alcalde de Gondomar tivo palabras de agradecemento á Xunta de Galicia “por apostar por este tipo de obradoiros que permiten a capacitación e a inserción laboral de persoas, principalmente mulleres, que ademáis de recibir unha titulación teñen unha remuneración durante un ano

O rexedor tamen quixo “destacar a labor de todo o corpo docente e do seu director polo gran traballo realizado durante estes doce meses

Por último Ferreira quixo destacar “o gran porcentaxe de inserción laboral, que chega case ao 100%, o que demostra o prestixio que alcanzaron estes obradoiros

 

Novas

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

FESTA PRE FIN DE ANO EN GONDOMAR

O Concello anima a toda a veciñanza a participar na Festa Pre-Fin de Ano, nun ambiente festivo pensado para todas as idades, que terá lugar

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

Leer más »