Este venres 2 de decembro temos a última cita  dentro do programa FALAMOS, financiado pola Deputación de Pontevedra (Plan Concellos 2022) dirixida o piar de referencia dos adolescentes, a súa familia.

Para os adolescentes as redes, TRIC (tecnoloxía da relación, información e comunicación) son a súa vida,  son as novas formas de relacionarse e de encaixar no mundo , polo que , debemos dende cativos ensinarlles a ter unha boa hixiene dixital, a fomentar o uso responsable da internet, en definitiva a educar na competencia dixital, xa que,  tarde ou cedo van a acceder. Poríamos nas man dun rapaz un coche sen saber como manexalo?, sería unha irresponsabilidade verdade,  pois así de claro, o deberíamos ter  co móbil, é preciso educar antes de que cheguen a el. Segundo un estudo realizado por UNICEF en colaboración coa USC e o Consello Xeral de Colexios de Enxeñería Informática o 98% do alumnado da ESO en Galicia usa internet e redes sociais de forma intensa e sen supervisión. 1 de cada 4 adolescentes en Galicia fai un uso problemático da internet; 5 de cada 10 adolescentes recoñecen ter contactado con descoñecidos a través de internet e aceptar estraños. 4 de cada 10 adolescentes aseguran ter recibido mensaxes de contido erótico ou sexual.

Familias aínda pensades  que NON é preciso educar en competencia dixital??

Cando se Fala de hixiene dixital temos que falar das novas formas de violencia dixital,  as familias debemos coñecer que se están a atopar os nosos fillos/as  para acompañalos e saber como actuar. Imos  centrarnos este venres nas formas de violencia máis  perigosas: o ciclo de captación Groomer  que engloba : catfishing, stalking, doxing, sextorsión chegando o grooming, segundo palabras da experta que vai levar a cabo a charla Paula Rodríguez “ son a porta aberta o engano e o maltrato”.

E remataremos falando das relacións tóxicas, como se están establecendo pautas de comportamento nas súas relacións que son tóxicas e  non as recoñecen.

Este venres  2 de decembro, ás 19h vos agardamos no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Aconsellamos que todos/as interesados/as envíen un correo a [email protected] ou chamen o 986.369.746, xa que o aforo é limitado.

Novas

GALICIA SABE AMAR

Galicia Sabe Amar é unha campaña para animar á cidadanía  a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor

Axenda

No event found!
Load More
Comercio

GALICIA SABE AMAR

Galicia Sabe Amar é unha campaña para animar á cidadanía  a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor

Leer más »