O Concello de Gondomar convida á veciñanza a participar nunha nova actividade do programa de verán +Deporte Atlántico. O vindeiro mércores 22 de xullo, ás 20:30 horas, a Praza do Concello acollerá unha sesión gratuíta de Zumba, unha proposta pensada para promover hábitos de vida saudables a través do exercicio físico, a música e a diversión.

A actividade está aberta a persoas de todas as idades e niveis, polo que non é necesaria experiencia previa. Ademais, todas as persoas participantes recibirán un agasallo conmemorativo da xornada.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do código QR que figura no cartel ou na web indicada no mesmo, ata o peche do prazo.

Desde o Concello de Gondomar animamos a toda a veciñanza a sumarse a esta iniciativa e a desfrutar dunha tarde de deporte ao aire libre nun ambiente dinámico e participativo.

Novas

VII Camiño do Irmandamento

Un ano máis, o Concello de Gondomar pon en marcha o Camiño do Irmandamento, que chega á súa VII edición. Esta iniciativa deportiva, cultural e

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cultura

VII Camiño do Irmandamento

Un ano máis, o Concello de Gondomar pon en marcha o Camiño do Irmandamento, que chega á súa VII edición. Esta iniciativa deportiva, cultural e

Leer más »
Cultura

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Leer más »