O proxecto, promovido polo Concello de Gondomar, ten como obxectivo mellorar a eficiencia da rede municipal de abastecemento de auga, reducir perdas e modernizar as infraestruturas hidráulicas do municipio. A actuación está financiada a través das axudas xestionadas por Augas de Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado polo Goberno de España e pola Unión Europea mediante os fondos NextGenerationEU. O investimento realizado ascende a 42.365,91 euros.
As actuacións desenvolvidas polo Concello de Gondomar incluíron a renovación da rede de abastecemento na zona de Campo das Bestas-Pousada mediante a substitución de tubaxes e acometidas antigas, así como a implantación de sistemas de telexestión e control dixital na captación do río Touteiras e na estación de bombeo de Donas. Estas melloras permiten optimizar o control do consumo de auga, minimizar fugas e avarías e avanzar cara unha xestión máis eficiente e sostible do abastecemento municipal.





