O Concello de Gondomar é sen dúbida un dos concellos da provincia de Pontevedra con maior actividade cultural, de todas ás disciplinas e para todos ós públicos.

Mostra de elo é a próxima fin de semana na que haberá música, teatro e a proxección dun interesante documental.

O sábado 18 de marzo a programación cultural comezará ás 19:00 horas na Praza Rosalía de Castro onde o grupo de música tradicional “Escaravellos” ofrecerán un concerto no que repasarán ás principais pezas do seu repertorio.

 

O mesmo sábado ás 21:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío terá lugar a proxección do documental “20 anos de dignidade” como conmemoración do vinte aniversario da castástrofe do Prestige.

 

A mañá do domingo será a quenda do teatro infantil. Ás 12:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío representarase a obra “Nina Ninette”.

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

 

As entradas para ambos espectáculos xa están dispoñibles a través da taquilla electrónica do concello.

https://taquilla.concellodegondomar.gal/

Novas

MERCADO DE NADAL EN GONDOMAR

Un ano máis, O Concello de Gondomar organiza o Mercado de Nadal os días 7 e 8 de decembro na Praza Paradela  Para solicitar a

Axenda

No event found!