Search

UN MES DE ACTIVIDADES EN GONDOMAR CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O Concello de Gondomar presentou esta mañá as actividades programadas con motivo do 8 de Marzo, Dia Internacional da Muller.

A programación arrancará o mesmo mércores 8 de marzo, cunha concentración na Praza Paradela ás 11:30 horas, onde lerase un manifesto coa colaboración do alumnado do IES Terra Turonio.

Os días 9, 10, 13 e 14 de marzo e da man de Mere Clown nos centros educativos CEIP Chano Piñeiro, CEP Neira Vilas, CEIP Souto Donas e CEIP Serra Vincios, representarase un espectáculo que ten como temática a igualdade de xénero nas facetas domésticas, utilizando o humor como vehículo de transmisión.

O sábado 18 de Marzo será o turno da música. O grupo “Os Escaravellos”, unha formación musical na que as grandes protagonistas son as mulleres, ofrecerán un concerto na Praza Rosalía de Castro ás 19:00 horas.

Os días 20 e 22 de marzo no Centro Neural, o concello levará a cabo un obradoiro de formación e sensibilización dirixido a equipos directivos e adestradores/as de clubs deportivos baixo o titulo “Igualdade no deporte”.

Durante os meses de marzo e abril o documental “Eu tamén necesito amar” proxectarase nas distintas asociacións veciñais de Gondomar. Este documental é un percorrido pola vida de diferentes mulleres que contan en primeira persoa ás súas propias vivencias persoais e profesionais.

Ademais mañá 7 de marzo ábrese o prazo de inscricións para o curso “Competencias Dixitais”, que se celebrará dende o 20 de marzo ao 3 de maio no Centro Neural, e que busca introducir ás mulleres de todas ás idades no mundo dixital e nas novas tecnoloxías.

 

O rexedor local Paco Ferreira destacou que “o concello de Gondomar é un referente na loita pola igualdade real entre homes e mulleres e na loita contra as violencias machistas, a través do noso Centro de Información á Muller no que ofrecemos asesoramento, acompañamento e formación así como inserción laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero”. “Outro dos aspectos fundamentais é a formación en igualdade dos mais novos e  así o concello organiza ao longo de todo o ano diferentes charlas formativas nos centros educativos”.

 

 

 

 

Novas

Axenda

No event found!