O Concello informa á veciñanza de que, con motivo da celebración da festividade de San Bieito, que terá lugar este sábado día 21 durante todo o día, estableceranse restricións de tráfico e posibles cortes puntuais na circulación.

As medidas afectarán principalmente á contorna da subida da Igrexa, onde se concentrarán os postos e a actividade festiva.

No que respecta ao estacionamento, o aparcamento da Igrexa permanecerá pechado temporalmente, mentres que o resto das zonas de aparcamento do municipio funcionarán con normalidade.

Dende o Concello recoméndase á cidadanía planificar os desprazamentos con antelación, así como respectar a sinalización provisional e seguir en todo momento as indicacións da organización.

O Concello agradece a colaboración de todos e todas para o correcto desenvolvemento desta xornada festiva.

 

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »