O Concello de Gondomar continúa coa súa programación cultural e presenta a súa Programación Cultural de Outono, que durante os meses de outubro e novembro ofrecerá un total de seis actuacións no Auditorio Municipal Lois Tobío.
Esta nova programación busca ofrecer unha proposta cultural variada á veciñanza de Gondomar, con diferentes actuacións que terán lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío ás 19:00 horas, cun prezo de entrada de 5 euros.
As entradas xa están dispoñibles en: taquilla.concellodegondomar.gal
As persoas que desexen adquirilas de maneira presencial poderán facelo na Oficina de Turismo, en horario de 08:00 a 11:00 horas.




