Gondomar celebrou o Día da Poesía, dos Bosques, da Eliminación da Discriminación Racial e da Síndrome de Down, cunha lectura de poesías e a plantación simbólica dunha árbore.

O Concello de Gondomar celebrou hoxe un acto con motivo das diferentes conmemoracións de hoxe 21 de marzo; “Dia internacional dos Bosques”, “Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial”, “Día da Poesía” e “Día da Síndrome de Down”.

 

Neste acto, presidido polo alcalde Paco Ferreira, acompañado de membros do goberno local, participaron alumnos do Centro Especial Juan María. Os participantes leron diferentes poesías con temáticas relacionadas cas árbores e os bosques, que foron seleccionadas pola asociación Espazo Lectura, para posteriormente realizar a plantación simbólica dunha Magnolia na  Praza Paradela onde tivo lugar o acto.

 

O alcalde Paco Ferreira na súa intervención destacou “a gran tradición e vinculación de Gondomar co mundo das letras e da poesía e puxo en valor o traballo nesta materia tanto dos centros educativos públicos da vila como de asociacións como Espazo Lectura”.

Ademáis o alcalde fixo énfase na necesidade que dende as administracións se traballe pola “erradicación de calquera tipo de discriminación, racial, de xénero ou no caso das persoas con Síndrome de Down pola súa propia condición

 

Por último o rexedor local destacou “a labor deste goberno na protección do noso medioambiente en xeral e dos nosos bosques en particular coa plantación por exemplo nos últimos dous anos de máis de 200 novas árbores no entorno urbano, que son a mellor fórmula para combatir os gases de efecto invernadoiro e na loita contra o cambio climático”.

Novas

MERCADO DE NADAL EN GONDOMAR

Un ano máis, O Concello de Gondomar organiza o Mercado de Nadal os días 7 e 8 de decembro na Praza Paradela  Para solicitar a

Axenda

No event found!