Desde que o Concello de Gondomar, no ano 2019, iniciase a súa loita contra esta especie invasora, son xa 1.118 os niños desactivados ata decembro do ano 2023. Así no 2019 foron 178 ás intervencións realizadas. No ano seguinte, como consecuencia da pandemia, reducíronse o número de internvencións que no 2021 alcanzaron a súa cifra record, con 293 niños desactivados. Nos senguintes anos, 2022 e 2023 a cifra mantívose en torno ás 250 intervencións anuais.

A pesar de tratarse dunha competencia autonómica, e non municipal, o concello de Gondomar formou e equipou a un grupo de voluntarios que cada semana, e a demanda da veciñanza, percorre todas ás parroquias para a desactivación e retirada dos niños.

 

Ademáis destas 1.100 intervencións directas do concello, realizadas a través do servizo de voluntariado medio ambiental, repartíronse entre a cidadanía desde o ano 2020, máis de 1.000 trampas específicas para a loita contra esta especie asiática, que tantos estragos fai no noso ecosistema.

Xunto coa entrega destas trampas fixéronse diferentes charlas informativas para a súa correcta utilización, e está dipoñible un videotutorial na web municipal onde se explica de forma pormenorizada o correcto uso destes dispositivos.

Videotutorial sobre o uso das trampas: AQUÍ

Novas

SAMAÍN 2025

Como xa vén sendo habitual, o vindeiro 31 de outubro, Gondomar converterase nun lugar cheo de  diversión para celebrar o Samaín . Achegádevos e vivide

Excursión a Vitoria-Gasteiz

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, organiza unha excursión a Vitoria-Gasteiz que se desenvolverá do 7 ao 9 de novembro.

Axenda

No event found!
Cultura

SAMAÍN 2025

Como xa vén sendo habitual, o vindeiro 31 de outubro, Gondomar converterase nun lugar cheo de  diversión para celebrar o Samaín . Achegádevos e vivide

Leer más »
Cultura

Excursión a Vitoria-Gasteiz

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, organiza unha excursión a Vitoria-Gasteiz que se desenvolverá do 7 ao 9 de novembro.

Leer más »