O alcalde de Gondomar Paco Ferreira presentou esta mañá a nova marca “Gondomar”, que está conformada por un logotipo cunha tipografía deseñada específicamente para o mesmo e cun símbolo que representa as dez parroquias do municipio.

O rexedor na presentación destacou que “as cores utilizadas corresponden ás que aparecen na nosa bandeira e deste xeito mantemos a imaxen institucional do Concello pero aportando un distintivo propio máis moderno e fresco”

O símbolo desta nova marca se expresa mediante unha estructura xeométrica , simplificada, lexible e estable, que aporta unidade visual e personalidade ao conxunto.

 

Desde hoxe esta nova imaxe corporativa irase introducindo paulatinamente en todos os medios oficiais de comunicación do concello, páxina web e redes sociais, e nunha segunda fase durante as próximas semanas en todas as dependencias municipais.

Novas

ENTROIDO EN GONDOMAR

O Concello de Gondomar celebra o Entroido cunha completa programación dirixida a todos os públicos, coa que anima á veciñanza e ás persoas visitantes a

Axenda

Cultura

ENTROIDO EN GONDOMAR

O Concello de Gondomar celebra o Entroido cunha completa programación dirixida a todos os públicos, coa que anima á veciñanza e ás persoas visitantes a

Leer más »
Cultura

CEA BAILE DE ENTROIDO

O Concello de Gondomar organiza unha Cea Baile de Entroido, unha xornada festiva para gozar en familia e con amizades, que terá lugar o sábado

Leer más »