
O Concello de Gondomar contratou nos últimos meses un total de 6 persoas desempregadas para a realización de diferentes tarefas en servizos municipais.
Esta contratación está financiada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do programa de activación do emprego do plan +Provincia, cun importe total de 76.195,96 euros.








